Estrea de “O león dorme esta noite” con subtítulos en galego

O filme O león dorme esta noite obra do cineasta Nobuhiro Suwa estrearase mañá 27 de abril, nas salas de todo o Estado.

En Galiza o filme será proxectado na súa versión orixinal en francés con subtítulos en galego. Os subtítulos foron elaborados por Numax. A proxección nesta versión estará dispoñíbel no cine Dúplex de Ferrol, cines avenida de Caldas de Reis e cinema Numax en Santiago de Compostela. Ademais, Nobuhiro Suwa visitará o cinema Numax.

Desde a Mesa animamos a que outras distribuidoras e produtoras tamén aposten polo cinema en galego e/ou subtítulos en galego pois existe unha demanda social nada desprezábel que desexa poder desfrutar da arte cinematográfica na lingua propia de Galiza.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra