A Mesa pola Normalización Lingüística

Fai que o galego avance máis en Eroski!

Se queres apoiar esta pequena acción normalizadora é moi doado e rápido.

 

1) Vai á  páxina de EROSKI de Atención ao Cliente: http://www.eroski.es/eroski-y-tu/contacta

 

(Tiñan versión en galego até hai pouco da páxina e anuncian que a terán de novo axiña.)

 

En “O teu e-mail ten que ver con”, formúlao como “Suxestión ou reclamación dun servizo EROSKI” e sitúao no estabelecemento que che estiver máis próximo, cubre logo os datos que piden e copia no recadro de “Resumo do motivo” o texto que vai tamén abaixo (ou escribe ti outro texto curtiño, de menos de 500 caracteres), e finalmente envíao. Podemos conseguir un pasiño máis (moi importante, porque en Galiza hai 177 supermercados EROSKI!) e de efecto arrastre no uso normal do idioma. Se che parece interesante, fai circular esta mensaxe entre as persoas interesadas que coñezas.

 

Agradezo a EROSKI o emprego do galego nos seus estabelecementos. Esta actitude positiva faime esperar que complete o avance, pois unha lingua é un sistema de comunicación activo tanto para o uso oral como para o escrito.

Solicito, pois, que o persoal empregue coa clientela a lingua galega, que se use nas mensaxes de megafonía e outros espazos (aparcadoiros, etc.), no espazo web, na publicidade e restante comunicación dirixida á clientela.

Un saúdo cordial.

 

 

2) Fai o mesmo envío a Vegalsa (o socio de Eroski en Galiza e quen leva a xestión da maioría dos estabelecementos e mais dos de FAMILIA). Para iso  chisca na súa páxina en galego de Atención ao Cliente: http://www.vegalsa.es/glg/para_nuestros_clientes_atencion_al_cliente.php

 

Escribe os teus datos e pega o mesmo texto que remitiches a Eroski. Finalmente, envíao a Vegalsa

 

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra