Filmesturas, mostra de curtametraxes en linguas minorizadas na Coruña

O presidente da Mesa, Marcos Maceira, participará no coloquio adicado ao audivisual infantil e xuvenil o vernres 9 a partir das 19:00h

 

FilMesturas é  un certame de pezas audiovisuais de corta duración que se desenvolverá entre o venres 9 e o luns 12 en varios concellos da comarca coruñesa, coa particularidade de seren todas, curtas realizadas en linguas minorizadas.

O director e guionista Xosé Antón Moure, asesor das xornadas, destacou “a participación de primeirisimos nomes a nivel galego, como Miguel Pernas, César Cambeiro, Fernando Morán, Isabel Risco, José Antonio Jiménez ou Lois Basallo”. Moure fixo tamén fincapé “no singular de apostar pola vertente máis sociolóxica, educativa e lingüística do audiovisual, incorporando voces como as da presidenta da AS-PG, Patricia Varela, o presidente da Mesa, Marcos Maceira, a tradutora Iria Taibo ou a asesora lingüística Estefanía Bus.

FilMesturas comezará o venres 9 ás 19h no Centro Cívico da Cidade Vella, nunha sesión pensada para reflexionar sobre o audiovisual infantil e xuvenil, visionando pezas de Os Bolechas e Cocorico, e contando coas intervencións de Patricia Varela e Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra