PARLAMENTO EUROPEO / Galiza convidada a intervir no intergrupo de linguas do Parlamento europeo

Convidadas polo Intergrupo de linguas minorizadas do Parlamento europeo, composto por eurodeputados de todos os grupos parlamentares (NI, PPE, Renew, ECR, Verds-ALE, ID e SD) para coñecer as dificuldades que supón a nova lei audiovisual para a normalización da nosa lingua e para a supervivencia do sector audiovisual galego. As persoas intervintes instarán a que a resolución do Parlamento europeo sobre a aplicación da directiva europea garanta a igualdade de condicións para todas as linguas propias.

Contará coa intervención de:
· Marcos Maceira, en representación da Mesa Galega pola Normalización Lingüística.
· Xosé Lois Ledo, en representación de Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI).
· Soliña Barreiro, en representación do Grupo de Estudos audiovisuais da USC.

A Mesa denunciará a vulneración do principio de pluralidade lingüística e cultural contido na directiva europea por parte do goberno español tanto na aprobación da lei audiovisual como no incumprimento dos seus mínimos por CRTVE.

Ao rematar a comparecencia, representantes da Mesa manterán un encontro co Secretariado do Consello de Europa para Carta Europea das Linguas na sede do organismo internacional.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra