Noticias

Hemeroteca | «Hai que falar en galego, falalo ben e dinamizalo» . Entrevista a Antía Cal na revista Longa Lingua

 

O pasado 30 de marzo deixábanos Antía Cal, mestra e licenciada en Xeografía e Historia, e fundadora da escola Rosalía de Castro de Vigo, pioneira no uso do galego no ensino, un eido no que impulsou prácticas renovadoras grazas ás súas viaxes a Europa e ao contacto co colectivo Rosa Sensat de Cataluña.

Rescatamos da hemeroteca da Mesa esta entrevista que lle fixemos no ano 2007 para a revista Longa Lingua. Unha conversa na que Antía Cal explícanos desde a súa relación co galego até os “pequenos” atrancos que atopou na súa vida por ser muller. Unhas problemáticas que desgraciadamente seguen moi presentes na actualidade e que pouco mudaron dende que Antía Cal comezou a dar clase.

Nesta conversa, ademais das súas experiencias como educadora, Antía Cal repasa os capítulos bos e non tan bos na súa vida: o amor polo seu marido, o médico galeguista Antón Beiras, e o seu tráxico falecemento, no ano 1968, a infancia en Cuba, a súa loita para conseguir estudar na Universidade… Ademais do seu home, chama a atención a cantidade de persoas extraordinarias que se cruzaron no camiño de Antía, e pasaron a formar parte da súa extensa nómina de amigos. Algúns son coñecidos e recoñecidos pola sociedade: Celso Emilio Ferreiro e a súa dona Moraima; Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda; Valentín Paz-Andrade, Marta Mata, Ramón María Aller… Outros, máis alleos aos medios de comunicación, como Lina Carvajal, Dorothy Coombe ou Mister Mann.

 

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Doazóns

Realiza unha achega económica puntual para axudar no funcionamento da asociación. Colabora aquí

Ler máis
Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis