Marcos Maceira intervirá no acto organizado pola Asociación Cultural Vagalumes esta sexta feira (venres) 7 de novembro ás 20:30 h.
Con motivo do X aniversario do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, a asociación estradense convídanos a asistir a este acto no que intervirán:
Marcos Maceira, David Otero e Cibrán Arxibai.
Terá lugar esta sexta feira 7 de novembro ás 20:30h. na sala de exposicións de Abanca (Rúa Principal, A Estrada)