Homenaxe a Carvalho Calero en Ferrol

Ricardo Carvalho Calero / Homenaxe a Carvalho Calero en Ferrol

O Concello de Ferrol homenaxeará esta quinta feira (xoves) 24 de marzo a Ricardo Carvalho Calero no 50 aniversario do seu nomeamento como catedrático de Lingüística e Literatura Galega. Unha iniciativa que parte dunha proposta que fixo da Mesa pola Normalización Lingüística no Consello Sectorial da Lingua.

A homenaxe consistirá na plantación dunha árbore no Campus de Ferrol o vindeiro xoves, 24 de marzo, ás 11 horas, nas proximidades da rúa Antelo, Esteiro.

Un acto de conmemoración do profesor e escritor homeaxeado no Día das Letras Galegas de 2020 e que o 20 de abril de 1986 pechou o Encontro sobre o estado actual da normalización lingüística que deu pé á creación da Mesa pola Normalización Lingüistica, coa conferencia titulada “Situaçom presente e orientaçom futura dos problemas gerais da nossa língua”.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra