Noticias

Homenaxe a Isaac Alonso Estraviz na Eira da Xoana

O vindeiro sábado, 26 de outubro, a Eira da Xoana fará unha homenaxe a Isaac Alonso Estravíz.

O acto enmárcase nos recoñecementos iniciados no 2012 ás persoas que, unindo cristianismo e galeguidade, traballaron pola defensa do pobo e da súa autoorganización.

Este ano 2019 o homenaxeado será ISAAC ALONSO ESTRAVIZ, pola súa contribución á lingua galega, nomeadamente á lexicografía co  seu Dicionário da língua galega. 

Os actos comezarán ás 14 horas, cunha comida comunitaria na Eira da Xoana. Cadaquén leva a súa. Non hai que anotarse, mais agradécese saber canta xente vai xantar para facer previsións e que todo resulte o máis agradábel posíbel.

As palabras e a música en honra do homenaxeado darán comezo ás 17 horas.  Pode participar quen queira facer un recoñecemento a Isaac.  É aconsellable que o tempo de cada intervención sexa breve (3 minutos); en todo caso, determinarase en función das persoas que queiran facer uso da palabra.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis