O vindeiro sábado, 26 de outubro, a Eira da Xoana fará unha homenaxe a Isaac Alonso Estravíz.
O acto enmárcase nos recoñecementos iniciados no 2012 ás persoas que, unindo cristianismo e galeguidade, traballaron pola defensa do pobo e da súa autoorganización.
Este ano 2019 o homenaxeado será ISAAC ALONSO ESTRAVIZ, pola súa contribución á lingua galega, nomeadamente á lexicografía co seu Dicionário da língua galega.
Os actos comezarán ás 14 horas, cunha comida comunitaria na Eira da Xoana. Cadaquén leva a súa. Non hai que anotarse, mais agradécese saber canta xente vai xantar para facer previsións e que todo resulte o máis agradábel posíbel.
As palabras e a música en honra do homenaxeado darán comezo ás 17 horas. Pode participar quen queira facer un recoñecemento a Isaac. É aconsellable que o tempo de cada intervención sexa breve (3 minutos); en todo caso, determinarase en función das persoas que queiran facer uso da palabra.