O 25 de Marzo, de hai trinta anos, falecía en Santiago de Compostela Ricardo Carvalho Calero. Neste seu cabodano, a Mesa pola Normalización Lingüística e mais a Federación de Asociacións Culturais Galiza Cultura tiñamos pensado lembralo cunha oferenda floral na súa tumba, no cemiterio de Boisaca, e homenaxear a súa persoa e obra cunha actuación da coral compostelana Solfa, perante o que fora o seu domicilio en Santiago, na Carreira do Conde, moi perto de onde se instalou o busto que o recorda, en 2010, no centenario do seu nacemento. Por todas as circunstancias que estamos a viver, faise forzoso adiar estes actos, que esperamos, porén, celebrar noutra data do ano presente.
En lembranza de Don Ricardo e desta data, xuntamos ligazón ao artigo que publica en Nós diario a presidenta da Federación de asociación culturais Galiza Cultura, María do Pilar García Negro:
https://www.nosdiario.gal/opinion/maria-pilar-garcia-negro/trinta-anos/20200323132718093613.html