ASEMBLEA XERAL DA MESA / Convocatoria para a Asemblea Xeral

A Asemblea Xeral de socias e socios da Mesa pola Normalización Lingüística  terá lugar na Casa Museo de Manuel María en Outeiro de Rei o sábado 1 de abril ás 10:30h en primeira convocatoria, 11:00h en segunda.

Orde de traballo:

1. Debate e aprobación do Regulamento da Asemblea Xeral.
2. Lectura e aprobación da acta da asemblea anterior.
3. Admisión e ratificación de altas e baixas.
4. Exposición e aprobación do Informe de Xestión.
5. Exame e aprobación do Informe Económico do exercicio pasado.
6. Exposición das candidaturas para a Comisión Permanente. Debate e elección.
7. Exposición e aprobación da liña de actividades para o próximo ano.
8. Debate e aprobación do orzamento para o próximo exercicio.
9. Rogos e preguntas.
10. Clausura da Asemblea Xeral.

Para prever o espazo necesario para desenvolver a Asemblea Xeral, será preciso inscribirse no seguinte formulario que aparece abaixo antes do 17 de marzo de 2023.

Nome:
Apelidos:
Documento de identidade:
Enderezo electrónico:

Xenial! A túa inscrición foi enviada correctamente.
Hai algún erro nos datos do formulario. Por favor, verifica que todo estea correcto.

No caso de teres interese en recibir máis información sobre a proposta de regulamento, por favor solicítao por correo electrónico a amesa@amesa.gal e serache enviado por ese mesmo procedemento. O prazo para a presentación de candidaturas á Comisión Permanente é o día 17 de marzo de 2023 ás 14 horas no local nacional da Mesa.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra