Irmandade TV amplía capital para ser a televisión galega do futuro

A Mesa anima a cidadanía a apoiar os medios en galego!

Tras un ano de andaina Irmandade TV quere dar un paso cara a adiante, polo que busca colaboracións para unha ampliación de capital que lle permita cumprir os obxectivos marcados: mellora técnica, maior programación e exploración de novos soportes (TDT e/ou radio).

Se queres facerte participacionista de Irmandade TV podes enviar un correo a info@irmandade.tv co teu nome e apelidos, DNI, enderezo postal e a cantidade que desexas achegar, sendo o mínimo 100 euros.

Para obter máis información podes contactar con Irmandade TV a través do seu correo electrónico, no web www.irmandade.tv ou nas súas redes sociais.

Apoia os medios en galego!

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra