A Mesa pola Normalización Lingüística organiza un acto público en Lugo para debater sobre o presente e o futuro da lingua galega. No acto detallaranse os datos recentes do Instituto Galego de Estatística nos que se constata a dificultade que existe en Galiza para poder vivir libremente en galego ou onde se confirma que a lingua propia ten cada vez menos uso entre a mocidade.
O acto decorrerá o vindeiro mércores 13 de novembro, ás 20:00h no auditorio do Vello Cárcere de Lugo.
Contaremos coa participación de Lois Neto, responsábel da Mesa en Lugo e de Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística.