Lingua con dereito. Dereito á lingua. Xornada do Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Fai click na imaxe inferior para inscribirte 👇​

Para a área de Igualdade, Lingua e Dereitos Civís da Deputación da Coruña e mais para o  Observatorio de Dereitos Lingüísticos da Mesa pola Normalización Lingüística é fundamental defendermos activamente a presenza do galego en todos os ámbitos.

Unha das vías para o facer, é demandarmos pola vía xudicial os dereitos que nos negan a cotío institucións públicas e empresas malia figuraren no ordenamento xurídico. A negación diaria dos nosos dereitos obríganos a acudirmos aos tribunais para que se cumpran normas como a Lei de Contrato do Seguro, a Lei do Procedemento Administrativo, etc. Mais tamén para recorrer aquelas sancións impostas en aplicación da Lei Orgánica de Seguridade Cidadá por reivindicar o exercicio destes dereitos.

Neste sentido, cómpre dotármonos de novas ferramentas, explorarmos estratexias procesuais e contrastarmos as experiencias con compañeiros e compañeiras doutras nacións nas que, como na nosa, lles é negado o dereito a viviren na súa lingua. O respeito ao exercicio dos dereitos lingüísticos ha de ser sinónimo de democracia e de estado de dereito, partindo da premisa de que os dereitos lingüísticos fan parte dos dereitos humanos, e que ao seren negados e impedida a súa materialización ponse en perigo o sistema de valores sobre os que se sustenta un estado de dereito.

Para aprofundizar nesta cuestión, estamos a organizar unha xornada de debate arredor das posibilidades de litigación extratéxica como vía de avance para os dereitos lingüísticos, nas que gostaríamos de contar coa súa participación.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra