A Mesa pola Normalización Lingüística

Lotaría de Nadal: 0092 é o número de serie gañador do sorteo dunha noite para dúas persoas na Casa da Balea, en Corcubión

A portadora ou portador da participación cuxo número de serie remata en 0092 debe pórse en contacto coa Mesa para canxear o premio

Esta mañá realizouse no local da Mesa o sorteo dunha noite para dúas persoas na Casa da Balea entre todos aqueles que nos axudastes mercando participacións da Lotaría de Nadal da nosa asociación.

A portadora ou portador do recibo cuxo número de serie remata en 0092 debe pórse en contacto co Local Nacional da Mesa no tel.  981 563 885 ou no correo-e amesa@amesa.gal para canxear o premio, que consiste nunha noite para dúas persoas con almorzo incluído, en temporada baixa, na Casa da Balea.  A Casa da Balea, emprazada na vila mariñeira de Corcubión, é o primeiro aloxamento temático do estado dedicado ao mundo das baleas. É un estabelecemento adherido á rede de empresas Abertos ao Galego.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra