Esta mañá realizouse no local da Mesa o sorteo dunha noite para dúas persoas na Budiño de Serraseca Turismo Rural entre todos aqueles que nos axudastes mercando participacións da Lotaría de Nadal da nosa asociación.
A portadora ou portador do recibo cuxo número de serie remata en 0759 debe pórse en contacto co Local Nacional da Mesa no tel. 981 563 885 ou no correo-e amesa@amesa.gal para canxear o premio, que consiste nunha noite para dúas persoas con almorzo incluído, en temporada baixa, en Budiño de Serraseca Turismo Rural, emprazada no concello de Oia. É un estabelecemento adherido á rede de empresas Abertos ao Galego.