Este sábado 4 de outubro de 2025, ás 10h30
Con saída na parada de taxis da avenida Castelao da Illa da Toxa (O Grove)
| O grupo da Mesa pola Normalización Lingüística de Pontevedra – O Salnés mobilízase, un ano máis, contra o Foro que fai do seu sinal de identidade a deturpación do topónimo da Illa da Toxa, sumando forzas coa mobilización convocada pola Coordinadora Galega de Solidariedade coa Palestina, en protesta pola presenza no evento do ex primeiro ministro de Israel Ehud Olmert. |
| O presidente da Mesa, Marcos Maceira, recorda que a deturpación de topónimos fai parte da eliminación da identidade palestina que o Estado de Israel ven desenvolvendo dende a súa fundación. |
A Liña do Galego é un servizo gratuíto ofrecido pola Mesa pola Normalización Lingüística dirixido a toda a poboación que tramita queixas cara ás institucións, empresas, etc, que vulneran os dereitos lingüísticos; así como parabéns para quen dea pasos cara a garantía do dereito a vivir en galego. Este servizo conta coa colaboración da Deputación da Coruña.
