Marcha reivindicativa contra a manipulación informativa e a represión laboral na RTVG este sábado 21 de abril

Miraporelas“, a plataforma cidadá en defensa dunha radio e unha televisión públicas de Galiza obxectivas, plurais e de calidade, da que fai parte A Mesa, acordou apoiar esta iniciativa impulsada polo Comité Interempresas da CRTVG

A marcha partirá ás 11.30 da mañá do aparcadoiro do Palacio de Congresos de Santiago de Compostela e finalizará no acceso ao complexo da CRTVG en San Marcos

A plataforma cidadá “Miraporelas” en favor dunha radio e unha televisión pública galegas plurais, obxectivas e de calidade, constituída por organizacións sociais de diferentes ámbitos entre as que se encontra A Mesa, acordou apoiar a marcha reivindicativa que co lema “Nin represión nin manipulación” convoca para este sábado 21 de abril o Comité Interempresas da CRTVG ante a censura e a manipulación informativa do ente público e ante unha deriva laboral “represiva” que preocupa cada vez máis ao cadro de persoal.

A marcha, na que a plataforma chama a participar a toda a cidadanía “comprometida co futuro duns medios de comunicación públicos dignos de tal nome”, partirá ás 11.30 da mañá do aparcadoiro do Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, en San Lázaro, para finalizar ás portas do complexo da CRTVG en San Marcos.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra