A Mesa pola Normalización Lingüística

Marcos Maceira, escollido por unaninimidade presidente da Mesa

O pasado 26 de abril, nunha das asembleas xerais máis concorridas dos últimos anos, A Mesa pola Normalización Lingüística escolleu unha nova Comisión Permanente, encabezada polo historiador e xestor cultural Marcos Maceira, que xa era membro da dirección saínte da asociación e coordinador do Correlingua. Na reunión nacional tamén se distinguiu a Iria Taibo como Socia de Honra e a Carlos Callón como Presidente de Honra.

Todos os puntos abordados na asemblea desenvolvida este ano na cidade da Coruña se aprobaron sen ningún voto en contra. Así, deuse o visto e pracer ao relatorio de xestión e ao relatorio de contas do último período, así como ao orzamento e á liña de actividades do futuro próximo.

A composición completa da Comisión Permanente da Mesa é a seguinte:

Marcos Maceira – Presidente
Mónica Pazos – Vicepresidenta
Carlos Outeiro – Vicepresidente
Susana Méndez – Secretaria Xeral
Paulo Filgueiras – Coordinador de Zonas
Elsa Quintas – Vogal
Manuel Rei Romeu – Vogal

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra