A Mesa pola Normalización Lingüística

A Mesa e da CIG-Ensino terán unha entrevista co conselleiro de Educación

O presidente da Mesa, Marcos Maceira, e o secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, manterán unha entrevista co conselleiro de Educación, Román Rodríguez, o próximo luns 13 de febreiro ás 19:30 na Sala Sarmiento,  no Antigo Hospital na Rúa de San Roque (actuais dependencias da Secretaria Xeral de Política Lingüística). O obxecto da entrevista é derrogar o decreto de pluriligüísmo que, como consecuencia da aplicación da LOMCE, acrecentou a marxinación e a exclusión do ensino en galego, e de iniciar o proceso dunha nova norma que facilite a plena normalización lingüística do galego no ensino.

É a primeira entrevista que o conselleiro nos concede para tratar  un tema de tanta importancia para o sistema educativo galego e para o futuro do noso idioma, e prodúcese despois da esixencia realizada por representantes da Mesa pola Normalización Lingüística e da CIG-Ensino o pasado 1 de febreiro  con un peche nas dependencias da Secretaria Xeral de Política Lingüística.

 

 

 

 

 

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra