O 25 de xullo, de 15 a 21 h, temos unha cita en Compostela
Un ano máis A Mesa pola Normalización Lingüística estará presente no Festigal a tarde do 25 de xullo.
Entre as 15 e 21 horas, poderedes achegarvos ao posto da Mesa na carpa de Asociacións e organizacións para compartir ideas e inquedanzas, coñecer a nosa actividade e campañas, facervos soci@s ou mercar material (como o libro-CD A voz do vento, con poemas de Manuel María, ilustracións de Jano e música de Fran Amil).
Alén diso, este ano tamén estaremos presentes no Café Concerto, onde ás 21 h actuará Fran Amil e a tribo incomprensíbel con A voz do vento, traballo editado pola Mesa. Música en clave de rock, funk, folk e blues de poemas de Manuel María.
Agardámosvos!