A Mesa pola Normalización Lingüística mostra hoxe o seu loito polo falecemento do poeta e activista lingüístico, Fran Cortegoso.
O escritor puido ver rematada a súa derradeira obra, Suicidas, editada por Chan da Pólvora. Precisamente, o mesmo día que falecía na súa casa de Bora (Pontevedra), o seu poemario chegaba ás librarías do país.
Trasladamos o noso profundo pesar a familiares e amizades.