A Mesa pola Normalización Lingüística

A Mesa pola Normalización Lingüística estará no Culturgal 2017

A Mesa presentará no Culturgal a curta S. C. Atréveste a vivir a experiencia?

A décima edición do Culturgal terá lugar os días 1, 2 e 3 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra. Nesta edición 2017 a Feira conta con Portugal como cultura convidada, un intento serio de estabelecer relacións culturais estábeis con axentes e institucións portuguesas.

A Mesa pola Normalización Lingüística terá presenza no evento a través do seu expositor coa información sobre a súa actividade e con produtos á venda entre os que destaca País das Letras, póster xigante para colorear, que poderedes pintar no noso stand durante os 3 días. O stand da Mesa será o número 61.

O domingo 3 de decembro ás 17:15 h presentaremos no Espazo Foro a curtametraxe S.C. Atréveste a vivir a experiencia? que mostra a problemática do uso do galego na sociedade actual. Esta curta formou parte da campaña para impulsar a iniciativa lexislativa popular para a garantía dos dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico que A Mesa desenvolveu en 2017. Intervirán o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, da permanente da Mesa, Susana Méndez, o representante de Desoños, Carlos Álvarez, o guionista, David Rodríguez e o representante da produtora Paulo Bouzas.

 

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra