Baixo o lema “A cultura que toca” Culturgal recupera en 2021 a parte feiral tras a pandemia e desenvolverase do 27 ao 28 de novembro no Pazo da Cultura de Pontevedra
A Mesa pola Normalización Lingüística fará presenza no evento a través do seu expositor coa información sobre a súa actividade e cos produtos á venda.
Nesta edición darase a coñecer a segunda fase da Iniciativa Xabarín, Queremos galego no audiovisual, que poderá ser asinada a través do teléfono móbil.
Tamén se repartirá o Catálogo de Nadal de Abertos ao galego