A Mesa súmase ao loito polo falecemento de Fermín Bouza

Santiago de Compostela. 31/10/2016-. A Mesa pola Normalización Lingüística súmase ao loito pola morte do escritor e sociólogo Fermín Bouza Álvarez. Faleceu o 29 de outubro aos 70 anos de idade, en Madrid, onde impartía aulas na Universidade Complutense.

Autor de obras como Labirinto de inverno (Premio da Crítica), Longo voo de paxaro, Memoria do diaño ou O tempo na auga, alén das obras colectivas, escribía de maneira periódica no seu blog “O voto con botas”.

A MESA quere destacar o seu compromiso na defensa e dignificación da nosa lingua. Publicou moitos artigos sobre a situación do galego nos que con entusiasmo e claridade afirmaba que o futuro do galego pasa por revitalizalo. En 2009 escribía: “Mais penso que é posíbel ganar esa batalla ao mal gusto, revalorizar a nosa lingua e convertela na primeira lingua do noso pobo”.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra