Santiago de Compostela. 01/02/2018
A Mesa pola Normalización Lingüística súmase ao loito pola morte do escritor Isidro Novo e grande activista da lingua en Lugo. Autor de numerosos libros os últimos publicados o ano pasado CO2 e O tabú na trastenda.
Colaborou en varios xornais e coordenaba a sección de Palabras con memoria en Sermos Galiza. Membro da AELG impulsou desde 2008 a sección de recuperación do idioma Palabras con memoria. Tamén colaborou no proxecto Polafías de recuperación da literatura popular.
A Mesa quere destacar o seu compromiso na defensa e dignificación da nosa lingua.