A Mesa súmase á merecida homenaxe a Camilo Nogueira

Terá lugar o día 11 de Novembro. Desde as 19 h. até as 20`30 h. Auditorio de Galiza (Santiago de Compostela)

A Mesa pola Normalización Lingüística quérese sumar a este acto como mostra do recoñecemento ao compromiso e traballo incansábel de Camilo Nogueira a prol da plena normalidade da nosa lingua desde o franquismo até a actualidade

Ao acto, promovido pola comisión organizadora, súmanse ademais diversas organizacións políticas e sindicais, entidades socioculturais e colexios profesionais e contará coa asistencia de numerosas persoas da vida pública galega que anunciaron a asistencia.

O acto será conducido por Fernanda Tabarés, Manuel Rivas e Suso de Toro.

Contará coas actuacións dos grupos “Tundal”, “Pardal na rúa” e de Uxía.

Falarán Pencha Santasmarinas, Ana Gandón e Ana Miranda e contará cos saúdos dos portavoces das catro organizacións representadas no parlamento galego, para despedir o acto o propio Camilo Nogueira.

O acto será aberto. Para colaborar e recibir un libro de homenaxe a comisión organizadora prega aboar 20 euros na conta: ES34 2100 2186 9102 0038 7825 (CaixaBank), indicando como concepto ‘Homenaxe a Camilo Nogueira’ e comunicando nome e apelidos da persoa que se inscribe, localidade e correo persoal.

 

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra