Monforte celebra o Nadal en galego coa Mesa

A Mesa pola Normalización Lingüística organiza actividades en Monforte para desfrutar en familia do Nadal en galego.

O día 23 de decembro organizamos un espectáculo infantil na casa da cultura Lois Pereiro de Monforte. A entrada é de balde e comezará ás 18h

O día 28 de decembro ás 20h no Centro do Viño da Ribeira Sacra (rúa comercio nº 6) haberá a presentación do poemario de Lois Pérez Long Play. No evento contaremos coa participación de Xosé Manuel Fernández, responsábel da Mesa en Monforte e de Fran Bouso, coordinador do certame Mondoñedo é poesía.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra