A Mesa pola Normalización Lingüística

Movistar incumpre a súa palabra coa Mesa e non inclúe o galego na súa renovada páxina web

#MovistarPáxinaEnGalegoXA

A pesar de que Movistar se comprometeu por escrito hai cinco anos coa Mesa pola Normalización Lingüística a incorporar a lingua de Galiza á súa páxina web, esta situación de “desconsideración” cara ao galego mantense na actualidade. A entdidade en defensa do galego denuncia que “a burla de Movistar vese con maior claridade cando observamos como acaba de renovar a súa páxina web e esta só está dispoñíbel en castelán e catalán.

Curiosamente para unha empresa que se gaba das grandes vantaxes da comunicación en liña, Movistar – Telefónica sempre descoidou a súa atención web fronte á atención presencial ou telefónica no que atinxe aos idiomas. Xa desde o ano 2000, coa súa páxina TelefonicaOnline, Telefónica só incorporou o castelán e o catalán como linguas únicas en que o web se podía consultar. Trece anos despois, a páxina actual de atención ao público, Movistar, continúa só nestas dúas linguas (http://www.movistar.es/ e http://www.movistar.es/ca).

Trece anos sen a web de atención ao público en galego nunha empresa tecnolóxica na era das novas tecnoloxías é un prazo excesivo para conseguir unha atención óptima en liña. Mais non é o único prazo excesivo, xa van cinco anos desde que Telefónica se comprometeu por escrito coa Mesa pola Normalización Lingüística (nunha comunicación do daquela presidente de Telefónica, Guillermo Ansaldo, ao presidente da Mesa, Carlos Callón) a incorporar o galego á súa web. Cinco anos para acadar un compromiso é un prazo exaxerado.

Para A Mesa pola Normalización Lingüística non pode haber calidade na atención á usuaria ou ao usuario nin unha boa experiencia das persoas galegofalantes “se non temos nin tan sequera a opción de recibirmos a información na nosa lingua”.

É por iso, polo que, para acadarmos o respecto que nos merecemos como galegas e galegos, propómoslle á cidadanía que fagan chegar a súa queixa á empresa e a a que lle dean forza no Twitter a través da etiqueta #MovistarPáxinaEnGalegoXA.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra