A Mesa denuncia que goberno español e Xunta dan as costas ás recomendacións do Consello de Europa
A entidade de defensa da lingua recorda nun informe solicitado polas autoridades europeas que o Estado sigue incumprindo os seus compromisos con respecto ás linguas minorizadas e desminte varios aspectos do documento no que o ministerio de política territorial avala a política lingüísitica no ensino da Xunta O Consello de Europa solicitou á Mesa pola […]

A comunidade educativa pídelle ao PP que levante o veto á lingua e que dialogue sobre a normalización do galego no ensino
A comunidade educativa lamentou esta mañá nunha rolda de prensa conxunta no Parlamento de Galiza que o Partido Popular vetase a súa participación no debate sobre a normalización do galego do ensino, pedíndolle ao PPdG que “levante o veto á lingua” e que “dialogue sobre a normalización do galego no ensino”.

O PP veta a comparecencia do presidente da Mesa no parlamento galego para defender a normalización do galego no ensino
O Partido Popular vén de vetar a comparecencia do presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, no Parlamento galego, en representación dos colectivos da comunidade educativa que elaboraron a Proposta de bases para a normalización do galego no ensino en Galiza.

A Mesa e outras entidades de defensa das linguas do Estado difunden un vídeo para “pór o Congreso contra a discriminación lingüística”
O audiovisual, que se pode ver nas linguas propias oficiais (galego, catalán e éuscaro) e nas que aspiran a este recoñecemento (asturleonés e aragonés), resume o contido da PNL que presentaron BNG, PNV, EH Bildu, JxCat, PDCAT, ERC, CUP, Más Madrid, Compromís e Podemos no Congreso dos Deputados Compostela, 18 de febreiro de 2021.

A Mesa exixe a PSOE e Podemos que retiren o aval do goberno español á política contra o galego do Partido Popular de Galiza
O ministerio de política territorial responde oficialmente ás reclamacións do Consello de Europa polo incumprimento da Carta Europea das Linguas manifestando o seu apoio á política lingüística da Xunta, á que se lle atribúen “a maior parte dos datos positivos que os estudos sociolingüísticos expoñen sobre coñecemento e adquisición da lingua galega na poboación en […]

A Mesa felicítase pola aprobación da ordenanza municipal da Coruña para normalizar o emprego da lingua galega
A secretaria xeral da entidade, Celia Armas, recorda que a ordenanza aprobada esta mañá no pleno do Concello da Coruña vén solventar unha “anormalidade democrática” 38 anos despois da promulgación da Lei de Normalización Lingüística de Galiza A Coruña, 4 de xaneiro de 2021- Un grupo de activistas da Mesa pola Normalización Lingüística recibiu hoxe […]

A Mesa e as entidades de ELEN procuran o recoñecemento da diversidade lingüística na UE
Compostela, 2 de xaneiro de 2021- A vicepresidenta da Mesa pola Normalización Lingüística, Elsa Quintas, participou na tarde de onte nunha xuntanza virtual con respresentantes da dirección xeral de Educación e Cultura da Comisión Europea.

A Mesa pídelle á Xunta que garanta os dereitos dos galegofalantes na súa relación coa administración de xustiza
Elsa Quintas pediulle ao director xeral de xustiza, Juan José Martín Álvarez, que a aplicación Minerva que se emprega na oficina xudicial teña os modelos dos documentos en galego, que manteña actualizados os textos lexislativos en galego e que se garanta a capacitación lingüística a todas as operadoras xurídicas para que calquera cidadán que o […]

15.000 persoas asinaron xa a iniciativa popular Xabarín para mellorar a programación infantil e xuvenil en galego
A Mesa pola Normalización Lingüística recorda que para continuar o trámite parlamentar só serán válidas as sinaturas certificadas pola Xunta electoral e anima as persoas interesadas a asinaren os pregos oficiais en estabelecementos de toda Galiza antes do 2 de abril Compostela, 27 de xaneiro de 2021.

A Mesa denuncia a vulneración dos dereitos lingüísticos da cidadanía galega na súa relación coa xustiza
Só nos xulgados do social o uso do galego é inferior ao 1% e a aplicación Minerva -coa que se tramitan os expedientes- non está dispoñíbel na nosa lingua, o que na práctica fai imposíbel o uso do galego por parte dos e das profesionais da administración pública de xustiza Santiago de Compostela, 21 de […]
Últimas noticias

App A Liña do Galego
A Liña do Galego é un servizo gratuíto ofrecido pola Mesa pola Normalización Lingüística dirixido a toda a poboación que, desde o ano 2007, atende consultas sobre dereitos lingüísticos e tramita queixas cara ás institucións, empresas etc, que os vulneran; así como parabéns para quen dea pasos cara a garantia do dereito a vivir en […]