5ª edición do Convivio da Cultura Galega

O vindeiro sábado 14 de xullo, celebrarase a 5ª edición do Convivio da Cultura Galega. Unha xornada de encontro, de convivencia e de festa que se celebra na carballeira de Santa Isabel, moi pretiño da casa natal de Manuel María.

A xornada lúdica e festiva serve como un punto de encontro para o asociacionismo cultural galego no que tamén se pon en valor a romaría tradicional de Galiza.

As actividades que hai previstas son as seguintes:

11.30 Acollida na horta da Casa-Museo Manuel María. Actuación do grupo de música tradicional Untia e do coro da Asociación Cultural e Musical Solfa
12.30 Ofrenda floral a Manuel María no cemiterio de Outeiro
13.00 Concerto da Banda Municipal de Música “Sons e Soños” de Rábade-Begonte-Outeiro, dirixida por Armando Morales Blanco, na Carballeira de Santa Isabel
14.00 Xantar na carballeira (cada quen trae a súa comida)
16.30 Títeres. O grupo de teatro Pereira de Lobos representa “Berenguela. Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo”
17.00 Foliada, para cantar e bailar, con distintos grupos de música tradicional (Untia, Treboada, Birloque Gaiteiros, Coitelo de pau, Parabéns, Reviravolta, Cantareir@s.comTigo…). Anima Xurxo Souto

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra