Noticias da Mesa

900 empregos en perigo na Coruña polo desprezo ao galego na empresa Extel

A empresa de atención telefónica EXTEL que presta servizos ao 1004 anunciou un ERE 

A Mesa pola Normalización Lingüística apoia a campaña das e dos traballadores para solicitarmos atención en galego ao chamar ao 1004

A ausencia da opción galego nos servizos de atención telefónico destruíu 2000 empregos entre 2010 e 2012

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

 

 

As grandes empresas de luz, auga, telefonía, banca, seguros e inclusive a administración pública teñen subcontratados os servizos de atención ao público a través de empresas de centros de chamadas. Non hai moito, estes centros estaban abertos por todo o país e era doado ser atendido ou atendida en galego. Alí podía traballar a túa filla, o teu curmán, ou calquera dos teus veciños e veciñas.

Na última década os centros de atención á clientela na Galiza foron pechando en canto as empresas centralizaron o servizo en grandes centros de traballo. Desde o estoupido da crise, as grandes empresas incrementaron a deslocalización dos servizos de atención cara a terceiros países, que pasaron de 14.719 postos de traballo no 2008 a 33.085 no 2012.

extelNo noso caso, esta deslocalización agravouse polo uso exclusivo do castelán nas relacións comerciais. Pecharon centros de traballo na Galiza e o emprego foi levado a outras partes do Estado. Entre o ano 2010 e 2012 destruíronse máis de 2040 postos de traballo e 100.000 galegos e galegas foron obrigados a emigrar pola perda de emprego na nosa terra.

Destrúese emprego e o noso idioma perde un espazo común de grande importancia, o da relación entre nós e as empresas. Ao mesmo tempo vulnérase o dereito de sermos atendidos/as e entendidos/as na nosa lingua, que estas empresas ignoran.

Ao solicitarmos ser atendidos e atendidas en galego polas grandes empresas podemos recuperar o perdido. Temos dereito a falar a nosa lingua en todos os ámbitos da nosa vida. En galego, creamos emprego en Galiza.

 

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis