Noticias Noticias da Mesa

A Mesa advirte que existe a posibilidade de que a lei do audiovisual incorpore só “algunha” das linguas cooficiais e o galego quede fóra

Rematado o prazo para presentar emendas á nova lei do audiovisual, A Mesa pola Normalización advirte que os artigos sobre cotas de emisión, catálogo, financiamento e dobraxe por parte das plataformas de vídeo e das canles de televisión só citan “a lingua oficial do Estado e algunha das linguas oficiais nas comunidades autonómas”. Segundo a entidade de defensa da lingua, o emprego sistemático desta expresión podería deixar a nosa lingua fóra das conquistas alcanzadas, en grande medida, grazas á mobilización da sociedade galega a partir da Iniciativa Xabarín.

A nova lei do audiovisual contempla cotas de emisión e catálago, cotas para o financiamento de producións por parte das compañías emisoras e regula a presenza das linguas do Estado nas interfaces, audiodescricións e lexendaxe. En todos os casos, contémplanse porcentaxes que se refiren sempre á lingua oficial do Estado ou a “algunha das linguas das comunidades autónomas”. “Esta expresión foi só emendada por BNG, Podemos, PNV e Bildu”, denuncia o presidente da Mesa, Marcos Maceira, “malia estaren todas as organización políticas advertidas pola Mesa pola Normalización Lingüística de que pode supor a exclusión de todas as linguas minorizadas do Estado, menos unha”.

“Converter a pluralidade lingüísitica nun único paquete que pode ser enchido con calquera das linguas”, denuncia Maceira, “só daría garantías reais de porcentaxes mínimas ao castelán”. Para a Mesa, é “un insulto” que se agrava no caso galego, “ao desprezar completamente a Iniciativa Xabarín, que reuníu máis de 33000 sinaturas en plena pandemia e conseguiu o apoio unánime do Parlamento”. Esta iniciativa contemplaba reclamar ao Estado que a nova lei do audiovisual recoñecese “a pluralidade lingüística como principio básico igualando contidos e porcentaxes mínimas en galego e castelán na dobraxe, lexendaxe e audiodescricións así como no financiamento anticipado”.

“Estamos a tempo de parar a posibilidade de que o galego fique excluído do audiovisual para as próximas décadas”, asegura o presidente da Mesa. “A sociedade galega ten nuns días a ocasión de se manifestar na rúas a favor da lingua galega no audiovisual, participando na convocatoria de Queremos Galego para este 17 de maio”, recorda Maceiras. “Sen presenza de galego no audiovisual”, remata, “as dificuldades das familias para tranmistir e as limitacións para a incorporación de novos falantes son moito maiores. A nova lei audiovisual estará vixente nas próximas décadas”.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Doazóns

Realiza unha achega económica puntual para axudar no funcionamento da asociación. Colabora aquí

Ler máis
Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis