Noticias da Mesa

A Mesa anima a pór o Twitter en galego e felicita “o amplo movemento social” que o fixo posíbel

Carlos Callón: “A presión cidadá conseguiu a tradución do Twitter, que chega meses despois do catalán e do vasco debido á desidia da Xunta”.

A maior asociación cultural de Galiza lembra que o PP continúa a discriminar a incorporación do galego ás novas tecnoloxías.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Unha das redes sociais con máis usuarias e usuarios, Twitter, xa está dispoñíbel en galego. A Mesa pola Normalización Lingüística festexa a boa nova, “ moito máis nun tempo en que hai tan poucas boas noticias”, anima ao conxunto da sociedade a escoller a opción galega e felicita ao “amplo movemento social que conseguiu que o idioma do noso país deixase de estar excluído”.

 

Así e todo, o presidente da Mesa, Carlos Callón, fai notar que “no mesmo chío en que Twitter dá a coñecer a tradución oficial ao galego (en beta), anuncia a tradución para iOS e Android do catalán e do vasco”. “O galego chega tarde non por ningún defecto de fábrica nin porque sexamos un pobo inválido para a tecnoloxía nin porque non haxa demanda social; o galego está a chegar tarde porque o idioma do país non conta co apoio do goberno que debería defendelo”, lamentan desde a maior asociación cultural de Galiza.

 

“O movemento cidadán galego tivo que facer moito máis para conseguir o Twitter no seu idioma que o que tiveron que facer noutros lugares”. Callón considera que a clave de tal diferenza de tratamento é “que nós non temos un goberno que dea a cara pola nosa lingua e pola nosa cultura”.

 

Desde A Mesa lembran que “o PP ten unha política discriminatoria co galego no que di respecto á súa incorporación ás novas tecnoloxías”. Poñen como exemplo que o decretazo “mal chamado do plurilingüismo” prohibe o ensino na lingua de Galiza da materia de Tecnoloxía, que o Parlamento galego non solicita móbiles que teñan opción en galego, que o programa informático da Xunta para os xulgados impide usar o galego, que o programa informático do SERGAS secundariza o idioma propio, etc.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis