Noticias da Mesa

A Mesa asiste en Braga a un encontro da CPLP

A Universidade do Minho acolle a conferencia “Perspectivas da Língua Portuguesa”, organizada pola Comissão Temática de Promoção e Difusão da Língua dos Observadores Consultivos da CPLP

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Braga, 9 de outubro de 2014.- O presidente da Mesa, Marcos Maceira, participou esta mañá  na conferencia “Perspectivas da Língua Portuguesa”, organizada pola Comissão Temática de Promoção e Difusão da Língua dos Observadores Consultivos da CPLP na Universidade do Minho.

 

Neste encontro estievron presentes diversos colectivos representativos da lingua e da cultura de Galiza, como a Academia Galega da Língua Portuguesa (colaboradora coa organización do encontro), a Comissão Promotora da ILP Valentim Paz-Andrade, AGAL, e representantes doutras institucións como a USC e o Consello da Cultura Galega, así como a propia Secrería Xeral de Política Lingüística.

 

O programa do evento indica que «A conferência, promovida em parceria com a Universidade do Minho, integra-se num conjunto de iniciativas levadas a cabo pela Comissão Temática de Promoção e Difusão da Língua Portuguesa que visa contribuir para alavancar a participação da sociedade civil em prol da nossa língua comum, através da mobilização de especialistas, académicos e personalidades de incontornável relevância na CPLP. Estes eventos concretizam a estratégia definida nos Planos de Ação de Brasília e de Lisboa e ocorrem no momento em que se assinalam 800 anos sobre a data do primeiro documento oficial escrito em português».

 

O programa desta conferencia, alén de facer fincapé no potencial económico da lingua portuguesa e o seu papel no ámbito da ciencia, contempla os mais recentes desenvolvimentos de alargamento da CPLP e enfatiza os lazos históricos comúns entre a Galiza e Braga – durante largos séculos capital da romana Hispania Gallaecia e do Reino Suevo, no territorio onde naceu a nosa lingua.

 

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis