Noticias da Mesa

A Mesa concede o III Premio Abertos ao Galego á cooperativa Erica Mel e mención especial do xurado a Radio Fene

A entrega dos premios terá lugar o 19 de decembro ás 19.00 h no Museo Provincial de Lugo. O acto será presentado pola actriz Iria Sobrado e contará coa actuación musical de Caxade

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Abertos ao Galego, o proxecto da Mesa para a dinamización do galego no ámbito empresarial, entregará o III Premio á Cooperativa Erica Mel, de Arzúa, polo seu compromiso coa lingua galega. Unha empresa que abriu camiño no seu sector e foi pioneira na etiquetaxe en galego.

 

A Cooperativa Erica Mel naceu no ano 1990 e está integrada por máis de 350 socios e vende os seus produtos en todo o país e mesmo en todo o Estado

A Cooperativa Erica Mel foi expedientada nos anos 90 pola propia Administración autonómica por etiquetar en galego os seus produtos. A presión social conseguiu que se retirase a sanción. O xerente lembra ese episodio e móstrase “satisfeito do traballo ben feito, de estar onde debes estar e á altura dos tempos”. O xurado valorou o compromiso co galego demostrado pola empresa, que se mantivo firme no uso do galego, abrindo o camiño para que vinte anos despois sexa habitual atoparmos este tipo de produtos etiquetados en galego en calquera supermercado.

 

O xurado tamén recoñeceu cunha mención especial a Radio Fene, emisora municipal que cumpre 30 anos. Foi no seu momento a primeira radio pública local que, con carácter estábel, empregou integramente a lingua galega nas súas emisións, que principiaron en setembro de 1984.

 

O premio, de carácter simbólico, materialízase na pertenza durante un ano ao Proxecto Abertos ao Galego. A entrega dos premios será o 19 de decembro ás 19 h no Museo Provincial de Lugo. O acto será presentado pola actriz Iria Sobrado e contará coa actuación musical de Caxade.

 

 

Un proxecto para promover o galego no ámbito da empresa

 

Abertos ao Galego é un proxecto da Mesa pola Normalización Lingüística que ten como obxectivo a dinamización do galego no mundo da empresa. Partindo dun certificado de calidade asociado ao uso da lingua de Galiza, desde Abertos ao Galego promociónase a actividade das empresas que traballan en galego, ademais de fornecer argumentos á sociedade sobre a relevancia do uso do noso idioma por parte dos diversos tipos de empresas para conseguirmos un “consumo responsábel co noso idioma”.

 

 

 Anteriores premios

 

Na primeira edición do Premio Abertos ao Galego, en 2012, o xurado decidiu outorgarllo á empresa Tuenti Technologies, promotora da rede social máis popular entre a mocidade. En 2013 a II edición dos premios foi para San Luís, cadea coruñesa de electrodomésticos.

 

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis

Panel de preferencias de privacidade

Cookies de amesa.gal

Usadas para nativamente pola plataforma Wordpress e tamén polo plugin de control do RXPD.

__atuvc, __atuvs, gdprprivacy_bar, gdpr[allowed_cookies], gdpr[consent_types], wordpress_logged_in_{hash}, wordpress_sec_{hash}, wordpress_test_cookie, wp-settings-1, wp-settings-3, wp-settings-time-1,

Cookies de addthis.com

Usadas pola plataforma que permite compartir os contidos da web nas redes sociais.

BKIgnore, loc, mus, na_id, na_tc, optout, ssc, uid, uvc, xtc

Cookies de s7.addthis.com

Usadas pola plataforma que permite compartir os contidos da web nas redes sociais.

ups

Cookie de browser-update.org

Usada para coñecer se a visitante está a usar un navegador obsoleto (IE6, por exemplo) e mostra un aviso.

__cfduid

google.com

Usadas para diversas funcionalidades de Google que usa a web.

1P_JAR, APISID, CONSENT, GMAIL_RTT, GOOGLE_ABUSE_EXEMPTION, HSID, NID, S, SAPISID, SID, SIDCC, SSID

www.google.com

Usadas para diversas funcionalidades de Google que usa a web.

GoogleAccountsLocale_session, _ga, _gid, _gmb_ga_test

gstatic.com

Usadas para diversas funcionalidades de Google que usa a web.

CONSENT, NID

twitter.com

Funcionalidades do twitter nesta web.

__utma, __utmc, __utmz, _ga, _gid, _twitter_sess, ads_prefs, auth_token, cookie_warning, csrf_same_site_set, dnt, eu_cn, external_referer, gdpr_lo, guest_id, kdt, netpu, personalization_id, remember_checked_on, syndication_guest_id, tfw_exp, twid, twitter_ads_id

syndication.twitter.com

Funcionalidades do twitter nesta web.

lang