Noticias da Mesa

A Mesa concentrouse polo galego nas Cancelas, mentres altos cargos do PP arrouparon o acto de inauguración, no cal se excluíu totalmente a lingua de Galiza

O secretario xeral de Política Lingüística apoiou o acto de inauguración nas Cancelas, o centro comercial que supón un paso atrás cualitativo e cuantitativo para o galego no comercio en Compostela

A comitiva da Mesa percorreu o centro comercial con consignas como “Non á exclusión, si ao galego” e interrompeu unha conexión en directo en que a TVG publicitaba ese centro comercial cunha entrevista en español ao seu xerente

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2012.- Un grupo de veciños e veciñas uníronse esta mañá, ao chamado da Mesa pola Normalización Lingüística, para protestaren pola exclusión do galego no centro comercial As Cancelas. Á mesma hora, o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta e outros altos cargos do PP, saían do acto de inauguración, no cal se excluíu totalmente o idioma propio de Galiza. Ante a falta de diálogo por parte da xerencia das Cancelas, o presidente da Mesa anuncia que “se porán en andamento novas medidas de presión democrática en defensa do noso idioma”, pois “temos dereitos”.

 

O centro comercial As Cancelas, que exclúe ou minoriza o galego en comunicación, publicidade e sinalizacións, supón un retroceso para o “apoio histórico” que o comercio de Compostela deu á nosa lingua, mesmo tendo en conta centros comerciais como Área Central. Por iso, o grupo de persoas convocadas pola Mesa realizaron unha comitiva informativa por todo o centro, con consignas como “Non á exclusión, si ao galego”, “Se vendes en Galiza, vende en galego”, “Non á discriminación do noso idioma” ou “Non renunciamos á nosa lingua”.

 

A comitiva da Mesa tamén interrompeu a entrevista en directo que emitiu a TVG co xerente do centro comercial, Abraham Cano, quen se negou a responder en galego para a televisión autonómica. Cano xa lle trasladara á Mesa a súa intención de postergar o uso do galego, nun ton de prepotencia que a organización cidadá considera “incomprensíbel”.

 

Desde a asociación presidida por Carlos Callón lembran tamén que “todos os estudos de mercado constatan a boa disposición da sociedade galega cara ao uso do idioma propio no ámbito comercial e empresarial”. Apuntan ademais que esta valoración positiva se dá tanto nos falantes habituais de galego como nos falantes habituais de castelán, “que ven o galego como unha marca non só de proximidade, senón tamén de modernidade e novos tempos”. No caso concreto da sociedade de Santiago de Compostela, un estudo publicado polo Concello sinalaba que ao 83,9% dos veciños e veciñas lles parece “ben ou moi ben” que se use o galego na publicidade das empresas e produtos.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis

Panel de preferencias de privacidade

Cookies de amesa.gal

Usadas para nativamente pola plataforma Wordpress e tamén polo plugin de control do RXPD.

__atuvc, __atuvs, gdprprivacy_bar, gdpr[allowed_cookies], gdpr[consent_types], wordpress_logged_in_{hash}, wordpress_sec_{hash}, wordpress_test_cookie, wp-settings-1, wp-settings-3, wp-settings-time-1,

Cookies de addthis.com

Usadas pola plataforma que permite compartir os contidos da web nas redes sociais.

BKIgnore, loc, mus, na_id, na_tc, optout, ssc, uid, uvc, xtc

Cookies de s7.addthis.com

Usadas pola plataforma que permite compartir os contidos da web nas redes sociais.

ups

Cookie de browser-update.org

Usada para coñecer se a visitante está a usar un navegador obsoleto (IE6, por exemplo) e mostra un aviso.

__cfduid

google.com

Usadas para diversas funcionalidades de Google que usa a web.

1P_JAR, APISID, CONSENT, GMAIL_RTT, GOOGLE_ABUSE_EXEMPTION, HSID, NID, S, SAPISID, SID, SIDCC, SSID

www.google.com

Usadas para diversas funcionalidades de Google que usa a web.

GoogleAccountsLocale_session, _ga, _gid, _gmb_ga_test

gstatic.com

Usadas para diversas funcionalidades de Google que usa a web.

CONSENT, NID

twitter.com

Funcionalidades do twitter nesta web.

__utma, __utmc, __utmz, _ga, _gid, _twitter_sess, ads_prefs, auth_token, cookie_warning, csrf_same_site_set, dnt, eu_cn, external_referer, gdpr_lo, guest_id, kdt, netpu, personalization_id, remember_checked_on, syndication_guest_id, tfw_exp, twid, twitter_ads_id

syndication.twitter.com

Funcionalidades do twitter nesta web.

lang