Noticias da Mesa

A Mesa confía en que o dominio puntoGAL poida estar na rede a finais de 2013

puntoGAL remite a súa candidatura co apoio de máis de cen socios, entre os cales estivo A Mesa desde o comezo, e máis de 12.000 apoios

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

A Asociación puntoGAL xa remitiu a candidatura dun dominio de primeiro nivel para a lingua e a culturas galegas á ICANN, a corporación internacional que goberna as direccións de Internet. A Mesa pola Normalización Lingüística é unha das entidades promotoras desta iniciativa.

A ICANN estima un prazo de até 12 meses para avaliar as candidaturas. De superar o exame e entrar na primeira quenda de avaliación, o .gal podería estar na Rede a finais de 2013. Este logro será posíbel grazas ao soporte dos máis de 100 socios de puntoGAL , do apoio dos máis de 12.600 internautas que asinaron en liña, das institucións que o secundaron e do traballo desinteresado da directiva. Todos os beneficios que xere no futuro o rexistro de dominios serán reinvestidos en iniciativas que promovan as novas tecnoloxías en galego, segundo figura no proxecto que avaliará a ICANN.

Máis de 100 organismos de todo o país forman Puntogal. Ademais da Mesa, están as principais institucións culturais (Real Academia Galega e Consello da Cultura Galega),  as tres universidades, ducias de asociacións culturais de base, colexios profesionais, medios de comunicación, etc.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis