Noticias da Mesa

A Mesa convoca unha concentración diante da Audiencia Provincial da Coruña en apoio a Carlos Callón

Nunha insólita decisión a Audiencia Provincial repetirá o xuízo contra o presidente da Mesa

Terá lugar o próximo 10 de maio ás 10:00h

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, será novamente xulgado o día 10 de maio pola súa defensa da Lei de normalización lingüística.

 

Carlos Callón xa fora absolto en xaneiro deste ano do cargo de inxurias contra o ex xuíz decano da Coruña, Antonio Fraga Mandián, quen reclamaba unha indemnización de 15.000 euros polo feito de o presidente da Mesa lle lembrar a súa obriga de cumprir a Lei de normalización lingüística tras unhas declaracións nas que o nalquel momento xuíz decano manifestaba que non tiña “ningún rubor en usar La Coruña” nos documentos oficiais. Na sentenza (que podes consultar aquí), ademais de absolver o portavoz da Mesa, tamén se recordaba toda a lexislación que recoñece A Coruña como o único topónimo oficial, e sinalábase que é normal e lexítimo que as desafortunadas declaracións de Fraga Mandián fosen obxecto de crítica pública, como a realizada polo presidente da Mesa, e que esta estaba amparada pola liberdade de expresión.

Porén, nunha insólita decisión, a Audiencia Provincial da Coruña decidiu repetir o xuízo, aceptando o recurso presentado por Fraga Mandián e concedéndolle a vista co fin de repetir o proceso cun novo xuíz, algo moi pouco habitual cando se recorre unha sentenza absolutoria.

 

A caza de bruxas contra os que defendemos o galego continúa. Por ese motivo desde a Mesa pola Normalización Lingüística convocamos unha concentración diante da Audiencia Provincial da Coruña en apoio a Carlos Callón, para defendermos máis galego na xustiza e máis xustiza na Galiza.

 

Non nos calarán!

 

NA GALIZA XUSTIZA EN GALEGO

 

Día: sexta feira, 10 de maio de 2013

Hora: 10:00

Lugar: Audiencia Provincial da Coruña, rúa Xoán Varela s/n

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis