A Mesa convoca unha concentración este 22 de decembro na Coruña

O Apalpador coa dobraxe en galego

O mércores 22 de decembro A Mesa pola Normalización Lingüística convoca unha concentración diante da Subdelegación do goberno na Coruña ás 11:30h., onde se fará entrega das sinaturas recollidas a favor da dobraxe en galego na nova lei do audiovisual e na que vai participar o Apalpador, nais, pais, nenas e nenos que queren poder gozar do audiovisual na súa lingua.

Xa está rexistrado no Congreso o proxecto de lei xeral de comunicación audiovisual pol que o debate para a súa aprobación decorrerá, probabelmente entre febreiro e xuño de 2022.

O proxecto presentado aínda non recolle todas as demandas e achegas que lle fixemos desde a aprobación unánime no parlamento galego da Iniciativa Xabarín para que a nova lei recollese a igualdade do galego nas cotas de emisión, financiamento de producións, dobraxe e lexendaxe. Dentro desta nova está publicado un informe detallaldo ao respecto https://www.amesa.gal/noticias/noticias-da-mesa/a-mesa-denuncia-frivolidade-e-desleixo-na-redaccion-da-nova-lei-do-audiovisual-do-estado .

Na Mesa coidamos que a lei debe avanzar moito máis. Nese sentido estamos xa traballando con outras entidades de defensa das linguas do Estado, e en comunicación con todos os grupos galegos con representación parlamentar.

Acude e participa!

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra