A Mesa pola Normalización Lingüística

A Mesa de Ferrol convida a coñecer como se rodou Vilamor

A terza 8 de maio ás 20 h na Escola Oficial de Idiomas de Ferrol.

A aposta pola nosa lingua propia do director de cinema Ignacio Vilar supera amplamente a da Xunta.

A Mesa pola Normalización Lingüística de Ferrol colabora coa produtora Vía Láctea Filmes en espallar o novo filme do creador do exitoso “Pradolongo” Este novo filme “Vilamor” estrearase nos cines de Narón a vindeira sexta feira (venres) 11.

Teremos a oportunidade de coñecer a través dos principais actores e do director o proceso de creación e a súa defensa da nosa cultura e lingua propia.

A charla que A Mesa impulsa aberta a toda a cidadanía e tecido social da nosa comarca celebrarase na Escola Oficial de Idiomas de Ferrol a terza (martes) día 8 ás 20 horas.

O responsábel da Mesa na comarca de Ferrol, Carlos Outeiro, “demanda do PP que dunha vez por todas empece a cumprir coas súas obrigas e garanta o que se aprobou por unanimidade no parlamento galego a través do Plan de Normalización da Lingua Galega, a distribución dun mínimo de 10 filmes ao ano entre os de maiores perspectivas comerciais”

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra