Noticias da Mesa

A Mesa denunciará perante o Consello de Europa a exclusión dos medios en galego das axudas polo uso do galego

A Mesa denunciará perante o Consello de Europa que nas axudas a medios impresos en galego só fique fóra o único medio impreso en galego, Nós Diario.

A entidade en defensa da lingua lembra que o artigo 12 da Carta europea das linguas é moi clara respecto ás obrigas de apoiar os medios en lingua propia por parte das autoridades e, neste caso, da Xunta de Galiza

 

A Carta Europea da Linguas di no seu artigo 12 que os poderes públicos se comprometen a:
– fomentar e/ou facilitar a creación e/ou mantemento cando menos dun órgano de prensa en lingua minorizada.
e a:
– cubrir os custos suplementarios dos medios de comunicación que utilicen as linguas rexionais ou minoritarias, en caso de que a lei prevexa unha asistencia financeira en xeral para os medios de comunicación.
Nada disto acontece en Galiza. Os medios en galego sempre fican excluídos.
A política que aplica a Xunta de Galiza ao respecto non só é incumprimento flagrante dun tratado internacional que debe cumprir. É, tamén, inversión do seu contido: faise xustamente o contrario!!!
Non podemos consentir que os medios en galego fiquen sen as axudas para publicar en galego só por publicaren en galego.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Doazóns

Realiza unha achega económica puntual para axudar no funcionamento da asociación. Colabora aquí

Ler máis
Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis