A Mesa do Carballiño organiza un “Asalto Rosaliano” para celebrar o 24 de febreiro, Día de Rosalía

O Día de Rosalía é unha iniciativa impulsada pola AELG para festexarmos o nacemento da nosa poeta, agasallando un libro e unha flor

A vindeira segunda feira, 24 de febreiro,  celebramos o Día de Rosalía para conmemorarmos o nacemento da nosa poeta (24 de febreiro de 1837) agasallando un libro e unha flor. A iniciativa impulsada pola AELG vai collendo forza ano a ano con actividades espalladas por toda Galiza.

Desde A Mesa pola Normalización Lingüística do Carballiño-O Ribeiro, o Casino Recreativo do Carballiño e a A. C. Avantar tamén se suman á celebración convidándonos ao acto que farán ese día (24 de febreiro) ás 6 da tarde na rúa Tomás Mª Mosquera do Carballiño -diante do Casino-. Este “ASALTO ROSALIANO” consistirá na lectura de poemas por parte de quen esteamos alí máis tamén da xente que estea a pasar pola rúa e que se preste a compartir un minutiño con nós á par que levará de agasallo un poemiña. Haberá música coa compaña dun gaiteiro ou gaiteira que interpretará algunhas pezas, e entre estas, a Alborada de Rosalía.

Participa!

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra