Noticias da Mesa

A Mesa explica na Universidade de Padua a situación do noso idioma

O presidente da asociación foi convidado a ministrar unha conferencia na universidade desta cidade italiana o vindeiro 8 de maio.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

A Universidade de Padua organiza para o vindeiro 8 de maio o I Seminario Internacional de Estudos Galegos, para o cal convidou a impartir unha palestra sobre a situación do noso idioma ao presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón. O evento desenvolverase a partir das 15 h na Sala Folena do Palazzo Maldura da cidade.

No encontro tamén participarán Gemma Álvarez Maneiro, Rachele Fassanelli, Giovanni Borriero, Attilio Castellucci, Bea Galiano Leis e María Cendán Rojo.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis