Noticias Noticias da Mesa

A Mesa felicítase pola aprobación da ordenanza municipal da Coruña para normalizar o emprego da lingua galega

A secretaria xeral da entidade, Celia Armas, recorda que a ordenanza aprobada esta mañá no pleno do Concello da Coruña vén solventar unha “anormalidade democrática” 38 anos despois da promulgación da Lei de Normalización Lingüística de Galiza

A Coruña, 4 de xaneiro de 2021- Un grupo de activistas da Mesa pola Normalización Lingüística recibiu hoxe con alegría a aprobación no Concello da Coruña da ordenanza municipal para normalizar o emprego da lingua galega, logo de 38 anos da promulgación da Lei de Normalización Lingüística. A secretaria xeral da entidade de defensa da lingua, Celia Armas, aproveitou a ocasión para recordar que “até hoxe A Coruña era, para a nosa vergoña, a única cidade galega na que non existía esta regulamentación, polo que desde a Mesa non podemos máis que felicitarnos porque se amañe, finalmente, esa anormalidade democrática”.

Armas salientou, asimesmo, que “todos e todas sabemos, porque así está indicado xa desde o noso Estatuto de Autonomía, que a lingua propia de Galiza é o galego”. Porén, recordou a secretaria xeral da Mesa, “desde o goberno municipal da nosa cidade houbo moitos momentos nos que se estivo a traballar arreo non só para ocultala senón mesmo para extirpala do seu topónimo legal”. Lembrou, por exemplo, que no ano 2006 Pilar García Negro, Xosé Manuel Carril e máis Francisco Rei foron condenados por protestar nun pleno onde o polo entón alcalde, Francisco Vázquez, quixo facer cooficial a forma detuparda do topónimo xunto coa única e legal, A Coruña.

A loita social pola aprobación desta ordenanza é constante desde hai moitos anos e faise finalmente efectiva, segundo salientou Celia Armas, “grazas ao acordo de investidura que o BNG asinou coa actual alcaldesa do PSOE, Inés Rey, aprobando un compromiso do goberno municipal que agardamos vaia máis aló que o papel que o soporta”. Armas confía en que, a partir de agora, “exista unha real vontade de promoción e normalización da nosa lingua, porque non podemos esquecer a nosa historia, porque nós fomos o fogar das Irmandades da Fala e hoxe seguímolo sendo da Real Academia Galega”. “Non queremos esquecer”, rematou a representante da Mesa, “que nas nosas rúas cantaron desde Os Diplomáticos de Monte Alto até Sés e, sobre todo, non debemos esquecer que somos orgullosamente galegos, somos orgullosamente galegas e na nosa cidade Queremos Galego”.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Doazóns

Realiza unha achega económica puntual para axudar no funcionamento da asociación. Colabora aquí

Ler máis
Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis