Noticias da Mesa

A Mesa festexa a absolución de Carlos Callón e que se “frease esta nova tentativa de criminalizar a defensa do galego”

O ex xuíz decano padece “un importante correctivo” na sentenza da Audiencia Provincial, na cal se lle recorda que foron diferentes xornalistas os que lle escoitaron dicir que non tiña ningún rubor en incumprir a Lei de normalización lingüística.

A Audiencia Provincial recorda que é unha ilegalidade o uso oficial do topónimo *La Coruña.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña notificou a sentenza firme pola cal fica absolto o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, por realizar unhas declaracións en que lle recordaba ao daquela xuíz decano da Coruña, Antonio Fraga Mandián, a súa obriga de cumprir coa Lei de normalización lingüística.

 

A asociación “festexa” a resolución da Audiencia, “que significa o fracaso dunha nova tentativa de criminalizar a defensa do galego”, aínda que “considera un sinal moi negativo que se chegase a xulgar unha persoa, nun kafkiano proceso de cinco anos, porque dixese publicamente que tamén os xuíces teñen que cumprir a Lei”. “Con quen haberá que tomar medidas é con quen se xacta de non cumprir as leis que non son do seu agrado, non con quen a defende, como foi con claridade este caso desde o comezo”, observan.

 

A sentenza supón, ademais, “un correctivo moi duro para quen foi xuíz decano da Coruña”. Por unha banda, porque a Audiencia tomba todos os seus argumentos para manter este litixio contra o portavoz desta entidade cidadá. Ademais, porque se lle recorda a Antonio Fraga Mandián que faltaba á verdade cando pretendía responsabilizar á Mesa de inventar unhas declaracións das que, polo contrario, foran testemuña diversos xornalistas. Así, a sentenza indica que a crítica realizada por Carlos Callón é unha resposta ás manifestacións de Antonio Fraga Mandián “que fan alusión á comisión de ilegalidades” (segundo di a propia sentenza, na páxina cuarta), por se xactar de incumprir a Lei de normalización lingüística “sin rubor”.

 

A sentenza –redixida en castelán, a pesar das numerosas solicitudes en todo o proceso por parte de Carlos Callón para recibir a información en galego–, continúa: “se se pretender basear un ánimo de vexar polo emprego no comunicado do termo ‘ilegalidade’, non se pode atribuír ao denunciado a súa incorrecta utilización (…) cando, como se di, iso xa recollía como vertido polo propio denunciante”.

 

A Mesa pola Normalización Lingüística tamén aproveita esta resolución xudicial para “reclamar aos poderes públicos, con especial énfase á Xunta de Galiza” a que tomen medidas “para que o galego sexa de verdade utilizado como oficial na Administración de Xustiza”. A entidade pon como exemplo da “discriminación do noso idioma” que o programa informático dos xulgados, distribuído pola Xunta, “impide nestes momentos o uso do galego”.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis

Panel de preferencias de privacidade

Close your account?

Your account will be closed and all data will be permanently deleted and cannot be recovered. Are you sure?