Noticias da Mesa

A Mesa festexa que R apoie a demanda de que se traduza twitter ao galego

O galego é a única lingua do Estado excluída en twitter, ante o desinterese da Xunta

A Mesa anima a que se multipliquen as solicitudes cidadás individuais para que tamén se traduza twitter ao galego, a través da páxina http://translate.twttr.com/lang_request e das mensaxes a @translator

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

A Mesa pola Normalización Lingüística valora “moi positivamente” que a grande empresa R amosase de forma pública o seu apoio a que twitter tamén conte con versión en galego. A entidade cidadá agarda que “esta nova adhesión sirva para que se faga realidade antes a xusta demanda de que esta rede social tamén estea no noso idioma, igual que o vai estar en catalán e vasco.”

 

 

Nos últimos días, proliferaron de novo en twitter diferentes iniciativas cidadás para reclamar unha versión no noso idioma. Ante o “desinterese manifesto de Núñez Feijóo en que o galego teña un tratamento igualitario”, A Mesa anima a “multiplicar os esforzos desde a base social”, que concreta en tres propostas. A primeira, solicitar o galego a través da páxina http://translate.twttr.com/lang_request; a segunda, dirixir mensaxes pedindo o galego a @translator, e a terceira, utilizar diariamente etiquetas como #TwitterEnGalegoXA ou #QueremosTwitterEnGalego.

 

 

A Mesa, ademais de denunciar a “nula responsabilidade da Xunta en garantir a presenza que á nosa lingua lle corresponde”, lembra que nun estudo de finais de 2011 se indicaba que, entre os 6.000 idiomas que existen no mundo, o galego ocupa o “moi meritorio” posto 36 de uso nesta rede social. No ano 2009, ademais, a lingua de Galiza era a única non oficial nun Estado que figuraba na listaxe mundial das máis utilizadas no twitter.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis