Noticias da Mesa

A Mesa impulsará medidas para concretar o asinado na Declaración de unidade a prol da normalización da lingua galega pola maioría dos partidos nunha nova política lingüística estábel e duradeira

Maceira chama a remover os obstáculos que impiden avanzar no acordado, comezando pola Lei de Función Pública e o Decreto de plurilingüismo

Marcos Maceira: “É importante acordarmos un calendario común cos partidos asinantes para adoptar as medidas concretas ás que fai mención a Declaración, comezando polas contempladas no PXNLG”

 

Santiago de Compostela, 23-07-2015.- A Mesa pola Normalización Lingüística anunciou esta mañá en rolda de prensa as medidas que iniciará no próximo trimestre para concretar o asinado na Declaración de unidade a prol da normalización da lingua galega pola maioría dos partidos que actúan en Galiza, o pasado 15 de xullo, nunha nova política lingüística estábel e duradeira que teña como verdadeira finalidade normalizar o uso da lingua propia do país.

O presidente da Mesa comezou por agradecer as mostras de apoio á iniciativa da Mesa recibidas estes días, que valorou como froito do amplo apoio social e da unidade do pobo galego en torno á súa lingua, que se ten evidenciado tamén nas mobilizacións e accións cotiás de miles de persoas e colectivos en defensa do galego. Neste sentido salientou que o pequeno paso adiante que se deu o 15X e os que se dean no futuro son froito dese esforzo colectivo e da contundente mobilización social dos últimos anos.

Maceira lembrou que no 15 X situouse o acordo nos termos mínimos establecidos polo PXNLG, que os asinantes asumiron como punto de partida. Así, as principais liñas da declaración son o recoñecemento da lingua galega como grande obra colectiva do pobo galego e garantía de futuro e de existencia digna e próspera. Recoñécese a o preocupante retroceso social da lingua nos últimos anos e a necesidade de abrir unha nova etapa de normalidade, coa implicación de todos os sectores, e que é necesaria unha nova política lingüística que garanta o dereito a vivirmos en galego, e conseguirmos verdadeira igualdade e oficialidade real. Para iso os asinantes asumiron o compromiso de retomar e iniciar todas as medidas sinaladas no PXNL para a reposición, rehabilitación e plena normalidade, así como a reactivación e promoción en todas as áreas e institucións.

O presidente da Mesa anunciou que de cara ao próximo trimestre a Mesa impulsará as seguintes iniciativas:

  • Solicitar a todos os concellos e deputacións de Galiza que asuman nos plenos de setembro a Declaración de unidade, corresponsabilizándose e comprometéndose co que sinala.
  • Implicar a todas as institucións de Galiza e a todos os grupos políticos contando coas achegas das entidades sociais de todo tipo.
  • Estabelecer un calendario de común acordo cos partidos asinantes para adoptar as medidas concretas ás que fai mención a Declaración, comezando polas contempladas no PXNLG.

Neste sentido, o presidente da Mesa, Marcos Maceira, sinalou que a Declaración foi un primeiro paso para sentar as bases da nova política lingüística a partir do establecido na LNL, no PXNLG e lexislación internacional. Este é o espazo onde todas as organizacións se comprometeron a situar a nova política lingüísitica. E manifestou que A Mesa como promotora deste acordo asumirá a súa responsabilidade de contribuír a que a declaración cristalice nunha nova política lingüística estábel e duradeira, mais tamén exixirá ao resto de asinantes que cumpran coa súa responsabilidade.

“Da Mesa imos pór todo o noso esforzo en comprometer a todos sobre a base de que os acordos só se poden desfacer con novos acordos.” Delarou Maceira, afirmando que a Declaración do 15 X “abriu unha porta á esperanza, porén non pode ficar nunha declaración retórica máis das que estamos acostumados nos últimos 34 anos. Ten que ser un paso adiante e A Mesa quere contribuír a iso”.

Para avanzar nese camiño A Mesa asegurou que cómpre agora retirar todos os obstáculos que impiden concretar a nova e verdadeira política lingüística: comezando pola reforma da Lei da función pública e Decreto de plurilingüísmo, opostas ao que di o Plan e que foron contestadas na rúa coas maiores mobilizacións sociais dos últimos anos en Galiza. “Precisamos un novo decreto para o ensino, sobre a base o PXNLG e feito con acordo amplo.”

Nos outros ámbitos é preciso trazar, a partir do PXNLG, as liñas dunha nova política lingüística que garanta o dereito a vivirmos en galego, a presenza do galego a todos os niveis, a reposición do galego e a igualdade en todos os espazos: adaptar a esta realidade todas as disposicións legais que obrigan ao uso do español e/ou limitan e exclúen o uso do galego.

Neste sentido, desde A Mesa tomarán como punto de partida a proposta de 6 medidas urxentes de entre as do Plan (que afectaban a CRTVG, Ensino, Transportes, Administracións, RTP, Axudas e subvencións) e mais a diagnose reflectida no Informe sobre o incumprimento do PXNLG e o Relatorio presentado ao Consello de Europa sobre a CELMR no último ano e nas denuncias internacionais perante a ONU e UNESCO, así como as achegas feitas por outros colectivos sectoriais que traballan a prol do galego.

En resposta aos xornalistas presentes Marcos Maceira valorou positivamente o cambio de actitude do PP, xa que o que A Mesa leva demandando na rúa nos últimos seis anos é que se restablezan os acordos que o Goberno rompeu unilateralmente no seu día. “Se manifestan un cambio de actitude nós só podemos dar a benvida e tentar contribuír a el na medida das nosas posibilidades, mais para ser críbel debe concretarse en feitos” afirmou Maceira.

 

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis

Panel de preferencias de privacidade

Cookies de amesa.gal

Usadas para nativamente pola plataforma Wordpress e tamén polo plugin de control do RXPD.

__atuvc, __atuvs, gdprprivacy_bar, gdpr[allowed_cookies], gdpr[consent_types], wordpress_logged_in_{hash}, wordpress_sec_{hash}, wordpress_test_cookie, wp-settings-1, wp-settings-3, wp-settings-time-1,

Cookies de addthis.com

Usadas pola plataforma que permite compartir os contidos da web nas redes sociais.

BKIgnore, loc, mus, na_id, na_tc, optout, ssc, uid, uvc, xtc

Cookies de s7.addthis.com

Usadas pola plataforma que permite compartir os contidos da web nas redes sociais.

ups

Cookie de browser-update.org

Usada para coñecer se a visitante está a usar un navegador obsoleto (IE6, por exemplo) e mostra un aviso.

__cfduid

google.com

Usadas para diversas funcionalidades de Google que usa a web.

1P_JAR, APISID, CONSENT, GMAIL_RTT, GOOGLE_ABUSE_EXEMPTION, HSID, NID, S, SAPISID, SID, SIDCC, SSID

www.google.com

Usadas para diversas funcionalidades de Google que usa a web.

GoogleAccountsLocale_session, _ga, _gid, _gmb_ga_test

gstatic.com

Usadas para diversas funcionalidades de Google que usa a web.

CONSENT, NID

twitter.com

Funcionalidades do twitter nesta web.

__utma, __utmc, __utmz, _ga, _gid, _twitter_sess, ads_prefs, auth_token, cookie_warning, csrf_same_site_set, dnt, eu_cn, external_referer, gdpr_lo, guest_id, kdt, netpu, personalization_id, remember_checked_on, syndication_guest_id, tfw_exp, twid, twitter_ads_id

syndication.twitter.com

Funcionalidades do twitter nesta web.

lang