Noticias Noticias da Mesa

A Mesa insta o presidente de Asturias a descartar a fobia contra o galego no debate pola oficialidade

O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, sae ao paso das declaracións do presidente do Principado de Asturias, Adrián Barbón, ao respecto da oficialidade do galego na súa comunidade. “Ningunha lexislación democrática pode empregar subterfuxios semánticos para ocultar unha realidade e unha necesidade para as miles de persoas galegofalantes entre o Eo e o Navia”, sentenciou.

“Se houber intención de situar o Estatuto de Asturies dentro da democracia”, explicou, “a igualdade e os dereitos humanos aos que obrigan tratados internacionais como a Carta de dereitos civís e democráticos ou a Carta das linguas rexionais e minorizadas, o galego asturiano tamén será lingua oficial de Asturies tal e como reclamou a Real Academia Galega”. A Mesa pola Normalización Lingüísitica amosa, así, a súa coincidencia coa Real Academia Galega, que recentemente se dirixiu ao goberno asturiano para reclamar a oficialidade do galego como maneira de recoñecer e comezar a garantir dereitos para as miles de persoas que o empregan día a día malia o nulo recoñecemento legal.

“Tal e como sinalou a RAG”, rematou Maceira, “empregar unha fórmula como Eonaviego só procura facer invisíbel a existencia do galego nas comarcas lindeiras coa Galiza”. A este respecto, o presidente da Mesa alertou sobre a “perigosidade de certos argumentos para o facer que deixan ver que ser galego é algún tipo de problema ou defecto mal visto socialmente e que compre ocultar”.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Doazóns

Realiza unha achega económica puntual para axudar no funcionamento da asociación. Colabora aquí

Ler máis
Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis