Noticias da Mesa

A Mesa non apoia dedicar o Día das Letras Galegas 2015 Filgueira Valverde

Para a entidade en defensa da lingua é un insulto a todas as persoas que padeceron con exilio, prisión e morte a defensa da lingua e cultura galegas

A Mesa pola Normalización Lingüística chama a Real Academia Galega a rectificar na súa decisión

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

A Mesa pola Normalización Lingüística mostrou hoxe o seu desacordo coa elección de Xosé Filgueira Valverde como homenaxeado para o Día das Letras galegas 2015.

Para a maior asociación cultural galega, unha persoa como Filgueira Valverde que destacou por formar parte da estrutura do réxime franquista, tanto como alcalde de Pontevedra como de procurador en Cortes, non pode ser obxecto de homenaxe, precisamente por ter sido un réxime que dirixiu os seus ataques máis feroces contra a lingua e cultura galegas, con consecuencias que en grande medida padecemos na actualidade.

Para o presidente da Mesa, Marcos Maceira, “dedicar alegremente o 2015 a unha persoa coa súa traxectoria, é un insulto a todas as persoas que nas peores circunstancias imaxinábeis fixeron todo o posíbel para dignificar a lingua galega, pagando mesmo a súa actividade a favor do noso país e da nosa lingua coa prisión, o exilio ou a morte”, e é xa que logo, un insulto tamén para as persoas que hoxe seguimos a traballar para que a lingua galega recupere os espazos que lle foron roubados”. Para Maceira, “se a lingua galega está viva e conta cunha rica produción literaria e cultural é grazas ás persoas que sofriron a represión do réxime do que formou parte Filgueira”. “O Día das Letras Galegas ten que ser o día da unidade de todo o pobo galego en torno á súa lingua, o que é claramente contraditorio con festexar a complicidade con quen tentou aniquilala”, sinalou.

Desde a Mesa pola Normalización Lingüística, fan un chamado á sociedade galega e a todas organizacións de defensa da lingua e cultura galegas a se organizaren para que o Día das Letras Galegas siga a ser, como até o de agora, unha xornada de reinvindicación do noso idioma, e chaman á Real Academia Galega a rectificar o erro cometido o pasado sábado.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis